A HORTA D’OBRADOIRO

In SANTIAGO by XurxoLeave a Comment

O día grande de Galiza, a festa por excelencia está aquí, o Apóstolo. E co recordo sempre permanente das víctimas do tren de Angrois, a cidade de Santiago prepárase para o seu día.1798447_952872128122740_4683827350252268493_nVer os lumes da Catedral é case unha obriga, estando a noite do 24 na capital galega. Todo o mundo “peléxase” por un bo sitio na Praza do Obradoiro e, os lugares da cidade, cas mellores vistas, están competamente cheos.12715601_952871868122766_3714408294049676371_nPois un deses lugares que gozará dunha privilexiada vista dos lumes, sen lugar a dúbida, será esa horta marabillosa de A Horta d’Obradoiro. Sí, sí, lestes ben, a horta. ¡Santiago nunca deixará de sorprender!. Un local novo, con menos de seis meses de vida e que xa foron varias persoas, sen nada que ver entre eles, os que me deron boas referencias do restaurante.12734086_952872231456063_7908354402591893781_nCon estes comentarios, estaba claro que a miña visita A Horta d’Obradorio non podía demorar. Pois xusto a semana pasada, á primeira oportunidade que tiven, fun a comprobar as viandas que nesta casa ofrecen e, verificar, “in situ”, a situación privilexiada, aos pés da Catedral.12743987_952872388122714_8638141630210310696_nEra un destes venres calurosos, coa cidade chea de turistas. Quedara co meu querido amigo Alonso, ao cal levaba sen ver unha boa tempada e, tiña que poñerme ao día, da súa vida amorosa.12705386_952872094789410_3027654060309540360_nCheguei sen reserva, o local está case en fronte ao mítico Casa Marcelo. Prométovos que nin se me pasase pola mente, que fora a estar todo cheo, pero cando os que entraron antes ca min ao restaurante, deron media volta, a cousa non pintaba ben. Aínda así arrisqueime, viñera a comprobar o restaurante e non me ía render tan rápido. Esperei na barra tomando algo, a ver se había sorte e quedaba unha mesa libre, porque Alonso aínda ía tardar un bo anaco.12688276_952871924789427_787232975084664349_nUn trato exquisito en todo momento, unha atención polos detalles, un mimo polo cliente, teríades que ver como se desculpaban cos turistas que viñan, recomendados polos diferentes hoteis da cidade e, que tiñan que dar volta, ao chegar, e comprobar que estaba o restaurante cheo. Canto teñen que aprender, por aí, moitos que din ser profesionais.12717512_952872278122725_8976189319410846133_nDespois de dar unha boa visual ao restaurante, de gozar dunha caña na horta e o meu acompañante avisarme de que aínda ía tardar vinte minutos, un dos camareiros, avísame de que en menos de media hora teriamos unha mesa, xa que unha das reservas que tiñan non se presentou. ¡A isto chámaselle sorte!12744364_952872298122723_2046387232023423671_nA pesar de todo o bo que ten este restaurante ten un pero, e é, que o “comedor” ao non ser moi grande ten as mesas demasiado xuntas para o meu gusto. Tamén é unha pena, que con esa marabilla de horta, aínda non estea aproveitada para que se poida degustar os ricos pratos que aquí serven.12745890_952872341456052_6436152007327955514_nMentres chegaban os pratos puxéronnos un “tentepie”, que xunto coa amena conversación que tiñamos, fixeron que a espera, fose do máis levadeira.12733644_952872371456049_7735857967474550793_nDe primeiro pedimos un mixto de croquetas, ricas, algo “lixeiro” para os pratos contundentes que virían a continuación. Entre as recomendacións do camareiro, decantámonos polo cordeiro, pero con elaboración distinta. O meu acompañante, clásico el, servíronllelo, imos a dicir, do xeito tradicional e eu aventureime e pedino esmiuzado e prensado. De luxo, un acerto, pratos moi bos.12734071_952872028122750_545411617067947121_nAínda cos estómagos cheos, tivemos un oco para degustar a sobremesa, que deu paso aos cafés, pero estes xa foron fóra, na horta.12734254_952871984789421_1822811992763179498_nUn erro pola miña parte foi non botar unha ollada en condicións á carta, xa que en todo momento deixeime aconsellar polo persoal. Prometo en próximas visitas un estudio máis exhaustivo.12688224_952871904789429_5907587504216000329_nUn local singular, ao entrar encontrarédesvos unha pequena barra á dereita, e veredes os “médicos” traballando no “quirófano”. Un pasillo conduciranos ao comedor, para a continuación descubrir ese invernadoiro fantástico, que nos dará paso á horta. Unha pequena aldea no medio da cidade.12728779_952872174789402_1058653918232289333_nHorta d’Obradorio é un dos restaurantes que está en boca de todos en Santiago. Situado onde estaba antes o restaurante Huertas, moi concorrido, reservar mesa, cómese de luxo. Prezos razoables para a calidade do produto. Gustaravos, seguro que volveredes.

UBICACIÓN: tomando como referencia a Catedral, baixaremos polas escaleiras que van pegadas ao Hostal dos Reis Católicos e baixando a rúa Hortas, veremos o restaurante a man dereita.

Dirección: Rúa das Hortas, 16,

Teléfono:881 03 13 75

Comments

comments

Conoces el sitio? Qué te parece? Escríbeme tu impresión.